Pestanas principais

>Contacontos: Coñeces estes contos? Estás seguro?

martes, 17 Marzo, 2020 a mércores, 18 Marzo, 2020
Ás 17.30 horas

O departamento de Bibliotecas organiza para os días 17 e 18 de marzo dúas sesións de contacontos. O día 17 desenvolverase na Biblioteca de Bertamiráns e o día 18 na Biblioteca do Milladoiro. Ambos días son á mesma hora.

 

É unha actividade destinada a nenos e nenas de entre 3 a 8 anos.

Para máis información, pódese enviar un correo electrónico a biblioteca@concellodeames.gal, ou chamar aos teléfonos 981 530 807 (Biblioteca do Milladoiro)/ 981 884 829 (Biblioteca de Bertamiráns).