Pestanas principais

>Concerto: Día da Música

Domingo, 29 setembro, 2019
Ás 20.00 horas

O Concello de Ames celebra este domingo, 29 de setembro, ás 20.00 horas, o Día Internacional da Música cun concerto no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Neste evento, organizado pola Asociación Cultural Antonio Santomil, actuarán a Coral Fonte do Souto, de Culleredo; a Coral Ars Cantorum, de Guillade-Ponteareas; e maila Coral de Bugallido, de Ames.