Pestanas principais

> Concerto de Thais Suki no Milladoiro

Xoves, 30 decembro, 2021
ás 18:00 horas

A cantante de Ames Thais Suki actúa hoxe, ás 18:00 horas, na praza de Manuel Murguía do Milladoiro.

O evento encádrase dentro do Programa Ameson que organiza a Concellaría de Promoción Económica coa intención de dar vida ás rúas de Ames no tempo de Nadal e, consecuentemente, promover as compras no comercio local.

A afección que á música ten desde pequeniña Thais Rudiño, Thais Suki, levouna a formarse en técnicas vocais orientadas ao rock, ao blues e a soul. Desde os 18 anos, Thais canta en bandas e foi teloneira de artistas como Luz Casal, Celtas Cortos e Los Suaves. No ano 2016 foi finalista do programa “La Voz” e nese tempo chegou a cantar con artistas como Alejandro Sanz, David Bisbal, Pablo López e Morat. Coa que fora a súa banda"Supernatural” gravou o seu primeiro disco, “Nada que fingir” do que fixo edicións en castelán e en inglés.