Pestanas principais

> Concerto de Nadal: Encontro de agrupacións corais de Ames

Sábado, 18 decembro, 2021
ás 20:00 horas

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este sábado 18 de decembro, ás 20:00 horas, un concerto de Nadal coas agrupacións corais de Ames. No evento, promovido pola Concellaría de Cultura, participan o Coro de Nosa Señora do Corpiño de Oca, o Coro Lojo Batalla de Tapia, o Coro Parroquial de Piñeiro e Ames, o Coro Polifónica Antonio Santomil de Bugallido e o Coro Son Elas. Os convites xa se poden retirar a través da billeteira electrónica do Concello de Ames.