Pestanas principais

> Concerto de Arevalo e Casquero na praza do Concello

Sábado, 8 agosto, 2020
áS 23:00

A praza do Concello, en Bertamiráns, acolle hoxe a partir das 23:00 o concerto de Arevalo e Casquero e a actuación de D FederratoJ.

A iniciativa forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.

O concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra o COVID19.

Carlos Arevalo, batería e voz, e Casquero, piano e voz, son membros da Banda de Nash e Michael Legend Tribute”, entre outras formacións eléctricas. Como dúo acústico interpretan clasicos do pop, o soul, o jazz, o regaee e a bossa, conferindo a todos os temas dun son e un espírito propio.