Pestanas principais

> Concerto da Escolanía da Catedral de Santiago

Mércores, 29 decembro, 2021
ás 18:00 horas

A praza do Concello de Bertamiráns acolles hoxe, a partir das 18:00 horas, un concerto de Nadal a cargo da Escolanía da Catedral de Santiago.

O evento  encádrase dentro do Programa Ameson que organiza a Concellaría de Promoción Económica coa intención de dar vida ás rúas de Ames no tempo de Nadal e, consecuentemente, promover as compras no comercio local.

A Escolanía da Catedral de Santiago, ‘Ángeles de Compostela’, refundouse no ano 2008. É un dos coros con máis historia de Santiago de Compostela. Dende esa data, a Escolanía, ademais das súas actuacións en actos litúrxicos dentro de la Catedral, actuou en acontecemeentos tan relevantes como a visita del Papa S.S. Benedicto XVI, no II Festival ‘Peregrinos Musicais’ e en diversos concertos benéficos. En Ames actuou nos anos 2012, 2013 e 2014.