Pestanas principais

> Cinema: "Tres"

Mércores, 16 novembro, 2022
Ás 20:00 horas

A Concellaría de Cultura prosegue en novembro co Ciclo Mestre Mateo, coa proxección do filme “Tres”, galardoada con tres premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual (mellor película, mellor interpretación feminina protagonista para Marta Nieto e mellor son para Daniel Fontrodona, Oriol Tarragó, Marc Bech e Marc Orts).

“TRES” é o novo thriller de Juanjo Giménez protagonizado por unha brillante Marta Nieto que interpreta a C., unha deseñadora de son que goza do seu traballo e pasa moitas horas soa, gravando efectos sala, wild-tracks, editando, mesturando. O estudo é o seu último refuxio: un lugar onde postergar as avariadas relacións que mantén coa súa exparella, coa súa anciá nai e cos seus compañeiros de traballo. Aínda que ela non o sabe, C comeza a desincronizarse. Coma se fose unha película mal sonorizada, o seu cerebro procesa o son máis tarde que as imaxes. Completan a repartición Miki Esparbé, Francisco Reyes e os actores galegos Luisa Merelas, Cris Iglesias e Fran Lareu.

A proxección deste film será o mércores 16 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Os convites, de balde, xa se poden retirar na Billeteira electrónica do Concello de Ames.