Pestanas principais

> Cinema Miúdo | Sección "Buxainas"

Venres, 10 decembro, 2021
ás 18:00 horas

Volve o Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo, un evento que busca que a cativada da casa desfrute dunha selección de curtas chegadas de todo o mundo, ademais dunha serie de actividades paralelas como o taller de stop motion, de maquillaxe de efectos especiais ou a festa dos videoclips.

Despois da inauguración e da sesión "Axóuxeres", será a quenda para a sección “Buxainas” (rapazada de máis de 7 anos). Será arredor das 18:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Os convites xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames.