Pestanas principais

> Cinema Miúdo: Obradoiro e seccións Axóuxeres e Buxainas | Festival e clausura

Domingo, 27 novembro, 2022
A partir das 11:00 horas

Volve o Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo, un evento que busca que a cativada da casa desfrute dunha selección de curtas chegadas de todo o mundo, ademais dunha serie de actividades paralelas, como o obradoiro creativo de creación dun zootropo, un xoguete óptico moi popular no século XIX. Os convites para asistir á inauguración, á clausura e á proxección de curtas xa se poden retirar na billeteira electrónica do Concello de Ames.

O día 27 de novembro, ás 11:00 horas, celebrarase a última sesión do obradoiro. Os interesados en participar nel deberán anotarse enviando un correo electrónico a actividades@cinemamiudo.gal, indicando nome, idade e teléfono. 

ÁS 12:00 proxectaranse os últimos filmes da sección oficial Axóuxeres (nenos e nenas a partir de dous anos), e xa a partir das 13:00 horas terá lugar a actividade "A bailar cos videoclips!", na que se emitirán vídeos musicais para facer saltar, bailar e cantar a pleno pulmón a pequenos e maiores. 

Na sesión de tarde, ás 17:00 horas, terá lugar o Festival Amigo Cinanima Junior. Nesta edición presentaranse algunhas das mellores curtas dirixidas á cativada que pasaron polo Festival Internacional de Cinema de Animación de Espinho, que é o máis importante da península ibérica e vén desenvolvéndose na localidade portuguesa dende o 1976. 

Xa dende as 18:30 terá lugar o acto de clausura e a entrega de premio, que contará coa presenza de Peter Punk, un paiaso que deslumbrará aos nenos e nenas cos seus divertidos números circenses e anunciará os gañadores da V edición de Cinema Miúdo.