Pestanas principais

>Cine: "Negro púrpura"

Mércores, 10 novembro, 2021
Ás 20.30 horas

O mércores 10 de novembro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns proxectarase o cine documental, dirixido a aldutos, "Negro púrpura". Reserve o seu convite na billeteira electrónica.

O cine documental, de 81 minutos, está dirixido por Sabela Iglesias e Adriana P.

LSD, multinacionais farmacéuticas, pragas medievais, medicamento popular e a CIA conectadas por un fungo alucinógeno coñecido como “ouro negro” en Galicia no Século XX. Negro Púrpura retrata un dos lugares de maior produción a nivel mundial de claviceps purpurea: Galicia. Este fungo alucinógeno, que brota nos cereais, ábrenos as portas dunha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da cultura e a economía de Galicia ao longo do S.XX.

Desde eses campos galegos chegan historias espalladas que nos deixan un resaibo amargo a pan de centeo, historias que repercuten traspasados os océanos. Unha cortiza que garda unha faragulla delirante.