Pestanas principais

> Cine con nome de muller: "Concepción Arenal, a visitadora de cárceres"

Mércores, 3 maio, 2023
Ás 20:30 horas

O ciclo "Cine con nome de muller" é unha iniciativa organizada polo Concello de Ames que conta coa colaboración de Zenit TV e Minervas Voice, e que pretende poñer en valor a vida dalgunhas mulleres galegas que foron pioneiras en distintos ámbitos nos dous últimos séculos a través do cine. O día 3 de maio proxectarase "Concepción Arenal, a visitadora de cárceres" no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. A obra social e ensaística desta avogada, activista e precursora do feminismo marcou un antes e un despois no sistema penal español e obtivo un enorme eco na Europa do século XIX. A súa loita en prol dos dereitos humanos logrou cambiar a perspectiva da sociedade sobre os máis desfavorecidos e mellorar as súas duras condicións de vida. Os convites, que son de balde, poden descargarse a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.