Pestanas principais

> Charlas polo Mes da Saúde

martes, 19 Abril, 2022 a venres, 22 Abril, 2022

Como parte da programación do Mes da Saúde, do 19 ao 22 de abril impartiranse 10 charlas a cargo das asociacións AGADEA, AEPNAA, ACEGA, Asociación Española Contra o Cancro en Ames, Alcohólicos Anónimos, ALCER Coruña, Fonte da Virxe, AGAPA, ASANOG e QuerENDO. Todas as charlas serán no interior do Pazo da Peregrina. Non é preciso inscribirse previamente para asistir a estas actividades. Preme aquí para consultar o itinerario do Mes da Saúde ao completo.

A primeira charla será impartida por Alfredo Saborido Pérez, coordinador e traballador social de ALCER Coruña, o martes, 19 de abril, ás 17.30 horas. Terá unha duración aproximada de hora e media e tratará sobre a solidariedade social e a doazón de órganos. A continuación, ese mesmo día, ás 19.00 horas, Nuria Colmenero Lama, do departamento de restauración e seguridade alimentaria de ACEGA impartirá outra charla sobre sobre a enfermidade celíaca e a dieta sen glute.

O mércores, 20 de abril, ás 16.30 horas, haberá unha nova charla. Nesta ocasión será impartida por Cristina Porta Gayoso, delegada de AEPNAA en Pontevedra, sobre A escola das Alerxias. O día seguinte, o xoves, 21 de abril, ás 11.30 horas, será a quenda de Fátima Miranda Mera, coordinadora do Centro de día Salgueiriños e traballadora social de AGADEA e Andrea Muíños Monteagudo, psicóloga de AGADEA. Falarán sobre os recursos e terapias non farmacolóxicas en persoas con demencia tipo alzhéimer. Tamén o xoves 21 de abril, ás 17.00 horas, haberá unha charla a cargo da Asociación Española Contra o Cancro en Ames. Lucía Álvarez-Santullano, psicóloga da Xunta local de Santiago de Compostela da AECC falará sobre  como se lle explica a un fillo/as que teño cancro.

O venres, 22 de abril, haberá cinco charlas. A primeira será ás 11.30 horas, a cargo de Verónica Ramilo, da asociación QuerENDO, sobre a endometriose A epidemia oculta. Pola tarde, ás 17.30 horas,  José Cougil Bugallo, presidente da asociación AGAPA, falará sobre a situación do amputado/a actual en Galicia. De seguido, ás 18.00 horas, Lois Pose Santos, educador social da asociación Fonte da Virxe, impartirá a charla Acompañamento comunitario e atención no rural a saúde mental, relato dunha experiencia. Ás 19.00 horas será a quenda de Maria Alejandra Gómez, psicóloga de ASANOG. A última charla está prevista para ás 20.00 horas a cargo da asociación de Alcólicos Anónimos. O doutor Crespo, médico de familia, e maila doutora Mercedes, pediatra, falarán sobre como Alcólicos Anónimos traballa na súa comunidade.