Pestanas principais

Celso Sanmartín no programa Apego

Xoves, 28 outubro, 2021
Ás 18:00 horas

Medo me dá! é o título do contacontos que Celso San Martín ofrece hoxe ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Beertamiráns no marco do programa Apego.
O espectáculo é de balde e está dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos.
INSCRICIÓN PREVIA do 28 de outubro ao 4 de novembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Celso San Martín recolle contos e lendas da tradición oral que abordan os medos infantís máis comúns e acompaña a contada de pequenos remedios simbólicos, como cantar ou asubiar, para esconxurar eses temores.