Pestanas principais

>“Casa, casiña, casona” no Programa Apego

Mércores, 24 novembro, 2021
Ás 18:00 horas

“Casa, casiña, casona” é o titulo do espectáculo de Marta Ortiz que chega a Ames a través do programa Apego.

Desenvolverase hoxe, mércores, 24 de novembro, ás 18:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Está dirixido a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos.

Precísase INSCRICIÓN PREVIA do 16 ao 23 de novembro, enviando un
correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Marta Ortiz nos levará por un percorrido no que visitaremos casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas-maleta que viaxan polo mundo...Un espectáculo baseado no asombro e na transmisión do amor a través da palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas… os cimentos da casa que construiremos ao longo da vida, chea de ventás e de portas para descubrirmos o mundo orgullosos de quen somos.