Pestanas principais

>Carmiña e a súa banda

Xoves, 19 decembro, 2019
Ás 17.30 horas

Contacontos destinado a todos os públicos que terá lugar na Biblioteca de Bertamiráns. A actividade forma parte de "Boomerang. Espectáculos artístico musicais dende a universidade á comunidade", recoñecido como proxecto e innovación educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS) pola USC. Para inscribirse é necesario enviar un correo a biblioteca@concellodeames.gal.

A actividade será un conto musicado, cun narrador, músicos e representación dramática, coa que se busca que os nenos tamén participen.

A Aprendizaxe-Servizo (ApS) constitúe unha proposta enmarcada dentro da estratexia do desenvolvemento da responsabilidade social da Universidade de Santiago de Compostela e da innovación educativa do seu proxecto académico no que se optimizan os procesos de ensino-aprendizaxe, favorécese a adquisición de competencias profesionais e o fortalecemento dun compromiso cívico-social coa comunidade.