Pestanas principais

>Búscanse valentes. Inspiración poética

Sábado, 23 novembro, 2019
Ás 11.00 horas

Obradoiro creativo para nenos e nenas de 3º a 6º de primaria que se impartirá na Biblioteca de Bertamiráns ás 11.00 horas. O número de prazas é de 15 previa inscrición do 4 ao 18 de novembro, a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, de maneira presencial na biblioteca ou a través do teléfono 881 884 829.

Espertaremos o lado poético dos asistentes, ao mesmo tempo que se fomenta o desenvolvemento de actitudes de coidado e tolerancia. Todo comeza cunha xigantesca tea de araña, chea de imaxes e poemas inspiradores. Despois, crearán a súa propia vídeo-poesía para poder inspirar a outros/as. Pon o teu gran de area para ter unha sociedade onde a convivencia positiva sexa unha realidade e non un soño.