Pestanas principais

>Teatro: "Semente, o home que plantaba árbores"

Venres, 17 setembro, 2021
Ás 18.00 horas

O Programa Apego achega a Ames a obra de Teatro "Semente, o home que plantaba árbores" da compañía Eme2 Teatro. A actuación será o venres 17 de setembro ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Pódense adquirir os convites na billeteira. Está recomendado a familias con neno/as maiores de 7 anos.

Inspirada en acontecementos reais, Semente é unha historia sobre o poder do ser humano para cambiar o mundo que    o rodea.