Pestanas principais

> Apego: "Cacho animalada!"

Xoves, 9 febreiro, 2023
Ás 18:00 horas

O programa Apego continúa durante o mes de febreiro coa actividade "Cacho animalada!", de Vero Rilo e Luís Iglesias, que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro o xoves 9 de febreiro, ás 18:00 horas. Trátase dun espectáculo fresco e despreocupado, para que as crianzas poidan recargar enerxías. A tradición oral, o humor, o rock e a alegría mestúranse dun feixe de animais e "animaladas" pensadas para gozar en familia. A actividade está pensada para nenos e nenas a partir de catro anos, e é de balde. As inscricións poden realizarse dende o 1 ao 8 de febreiro enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indique nome, apelidos e idades dos rapaces/as, así como un número de teléfono de contacto. A programación do Apego ao completo para o primeiro semestre do 2023 pode consultarse premendo nesta ligazón.