Pestanas principais

>Andainas polo Día mundial da Saúde

Xoves, 7 abril, 2022
Ás 17:30 horas

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde organiza para este xoves, 7 de abril, ás 17.30 horas, dúas andainas simultáneas con saída dende os centros de saúde de Bertamiráns e do Milladoiro. Estas andainas organízanse con motivo do Día mundial da Saúde que se celebra este xoves. As persoas que participen nestas andainas percorrerán parte da Senda Verde, ata chegar á igrexa de Bugallido, que servirá de punto de encontro. Alí tomarán un aperitivo e volverán ao punto de inicio en autobús. Estas andainas enmárcanse dentro do programa municipal SaúdeAndo, que inclúe un total de 38 andainas ao longo de todo o ano. Esta actividade será a primeira dun amplo abano de actividades programadas co gallo do “Mes da Saúde”

As persoas que partan dende o centro de saúde de Bertamiráns percorrerán uns 5 quilómetros, mentres as que saían dende o centro de saúde do Milladoiro terán que camiñar un pouco máis, 5 quilómetros e medio. Estímase que a duración das andainas será de arredor dunha hora e cuarto ou hora e media. As persoas que participen nesta actividade irán acompañadas dun monitor de marcha nórdica, que instrúe ás persoas que desexen voluntariamente practicar esta modalidade. Estas andainas teñen unha dificultade media-baixa.

Para participar nestas andainas non é necesario inscribirse previamente. Tan só hai que estar diante do centro de saúde de Bertamiráns ou do Milladoiro un pouco antes do inicio das andainas. Polo tanto, haberá que estar arredor das 17.20h, para comezar ás 17.30 horas. Estas andainas enmárcanse dentro do programa municipal SaúdeAndo, que se leva desenvolvendo dende o pasado mes de xaneiro e inclúe un total de 38 andainas ao longo de todo o ano.