Pestanas principais

>Andaina senda verde

Domingo, 18 setembro, 2022

O domingo chega unha nova actividade enmarcada na Semana Europea da Mobilidade. Trátase dunha andaina pola senda verde, un percorrido de 12 quilómetros de dificultade baixa que une O Milladoiro con Bertamiráns.

Será ás 10:00 horas, partindo dende a igrexa de San Xosé, no Milladoiro. Para participar nesta saída, na que colaboran as Concellarías de Promoción da Saúde e de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, cómpre inscribirse enviando un correo a promociondasaude@concellodeames.gal indicando “Andaina senda verde”, e especificando se se precisa autobús.

A xornada completarase ás 12:00 horas na praza do Concello, en Bertamiráns, cunha nova mostra de medios de transporte sostibles a cargo de WECO mobility. Ao igual que no Milladoiro farase unha mostra de bicis, patíns e motos eléctricas.