Pestanas principais

>Andaina saudable solidaria

Venres, 20 decembro, 2019
Ás 17.30 horas

Andaina saudable solidaria a favor do Banco de Alimentos Municipal. Haberá unha carpa habilitada na praza de Chavián, na que se repartirá chocolate e rosca para todos os participantes, ademais da realización de diversos sorteos. Todo aquel que se anime poderá asistir disfrazado, cunha temática totalmente libre.

A andaina solidaria, organizada para o día 20 de decembro por parte da Oficina de Voluntariado de Ames e polo departamento de Sanidade, ten como obxectivo as doazóns de produtos de Nadal e/ou produtos de hixiene para os máis desfavorecidos. Nestas achegas tamén colaborarán colexios e escolas infantís do concello e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

Tratarase dunha ruta circular de aproximadamente 5 quilómetros, máis concretamente, a Ruta dos Parques de Bertamiráns.