Pestanas principais

>Ames Jazz

Venres, 2 xullo, 2021
Ás 22.30 horas

 O festival de Ames Jazz celebrarase na noite do venres 2 de xullo no Pazo da Peregrina ás 22.30 horas. As 200 persoas que asistan poderán desfrutar dos concertos de Xan Campos co espectáculo "Realismo" e David Regueiro Trío, con "Areal". Para asistir, débese retirar os convites de balde a través da billeteira do Concello.

Este ano o concerto realizarano Xan Campos, un dos músicos referentes do Jazz galego e quen presentará o seu disco "Realismo", e  David Regueiro Trío, que vén da tradición do Gypsy Jazz, do Jazz europeo, e que ven tocando o seu disco “Areal” que son composicións orixinais.