Pestanas principais

> Ames en Festas: Tinta, Estudio e Impacto

Domingo, 14 agosto, 2022

O Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e XEA colaboran este ano para sumar once días de celebración no cartel “Ames en Festas”, que encadea as festas da Madalena do Milladoiro, do xoves 4 ao martes 9, e as festas da Peregrina de Bertamiráns, do martes 9 ao domingo 14 de agosto. Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto informativo de “Ames en Festas” 2022.

Para poñer fin aos once días de festa nas dúas vilas do concello, o domingo 14 rematarase en Bertamiráns cunha sesión vermú do grupo Estudio, ás 14:00 horas no campo da festa da Peregrina, da man da comisión de festas. O programa “AmesON de verán” da Concellaría de Promoción Económica volverá coa actuación do grupo Tinta, ás 21:00 horas no parque do Ameneiral. Por último, o grupo Estudio e a disco móbil Impacto pecharán as festas, a partir das 23:00 horas no campo da festa da Peregrina, coa organización da comisión.