Pestanas principais

> Actuación de campións mundiais de fit kid na praza de Chavián

Sábado, 12 novembro, 2022
Ás 17:00 horas

Este sábado 12 de novembro, ás 17:00 horas, a cancha deportiva da praza de Chavián, en Bertamiráns, acollerá a actuación dun grupo de rapaces e rapazas barceloneses que levan proclamándose campións de España deste deporte durante once anos consecutivos e campións do mundo nas últimas nove edicións.

O fit kid é unha modalidade de baile que combina danza, ximnasia e acrobacias. Trátase dun deporte que naceu en Europa nos anos 90 para animar á mocidade a realizar exercicios individuais e grupais de maneira divertida. Nel entrelázanse saltos, xiros e equilibrios baixo o ritmo da música, desenvolvendo capacidades físicas como a flexibilidade, a forza, a resistencia, a coordinación, o sentido do ritmo e a expresión corporal.

O evento é organizado por Edu López, recoñecido adestrador e director de E-Motion, primeira escola deste deporte en Galicia.