Pestanas principais

> Acto institucional polo Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

Venres, 25 novembro, 2022
Ás 17:00 horas

O venres 25 de novembro terá lugar o acto institucional polo Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Será no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 17:00 horas. Haberá unha charla informativa sobre violencias e agresións sexuais e repartirase material da campaña “Que o meu machismo non se converta no teu problema”. Ademais, lerase o manifesto institucional e ofrecerase unha actuación e unha performance da man da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA).