Pestanas principais

>Achégate ao piragüismo

Venres, 27 setembro, 2019
De 17:00 a 19:00 horas

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza este venres, 27 de setembro, unha xornada de iniciación ao piragüismo que se desenvolverá na piscina descuberta de Bertamiráns entre as 17:00 e as 19:00 horas.

Mediante esta actividade búscase que os amesáns e as amesás que o desexen poidan aprender a dominar esta embarcación. A xornada Achégate ao piragüísmo consistirá nunha sesión de portas abertas á que poderán asistir todas aquelas persoas interesadas nesta actividade, sempre e cando saiban nadar. Para participar nesta actividade gratuíta, que non require inscrición previa, hai que levar traxe de baño, unha camiseta e chancletas.