Pestanas principais

> 8M | Carreira "Moitos camiños, mesma meta"

Venres, 18 marzo, 2022
ás 17:30 horas

O parque do Ameneiral acollerá a carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”, que volve despois dunha primeira edición en 2020 cunha gran acollida. O percorrido busca mostrar dun xeito lúdico e familiar as trabas as que as mulleres se enfrontan a diario. A cita, organizada pola Concellaría de Igualdade, terá lugar o venres 18 de marzo, ás 17:30 horas, no propio Ameneiral, en Bertamiráns. As inscricións, de balde, poderán realizarse ata o xoves 17 ás 14:00 horas, acudindo presencialmente ás oficinas dos Servizos Sociais do Concello, ou ben en liña premendo nesta ligazón. A actividade forma parte dos actos do 8M en Ames.

A carreira “Moitos camiños, mesma meta” será unha cita non competitiva e lúdica, onde as persoas participantes percorrerán uns 1.500 metros e se enfrontarán a 12 obstáculos, cada un deles cunha mensaxe que reflicte os atrancos aos que se enfrontan as mulleres no seu día a día.

A carreira celebrarase o venres 18 de marzo, ás 17:30 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. A recollida de dorsais comezará a partir das 16:45 horas, un momento no que se aproveitará para entregar uns agasallos ás persoas participantes. Trátase dun evento non competitivo, familiar e lúdico, no que pode participar calquera persoa a partir dos 5 anos.

A inscrición, de balde, pode realizarse en liña, premendo nesta ligazón, ou ben de forma presencial, achegándose ás oficinas dos Servizos Sociais do Concello no Milladoiro (rúa de Abaixo, número 10) ou en Bertamiráns (praza de Chavián, s/n). O prazo para sumarse á proba remata o xoves 17 ás 14:00 horas.

Multimedia