Axenda
O venres 3 de maio, ás 18:00 horas, a Fundación Legar levará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro "Arrolar". Dirixido a familias con crianzas de 0 a 2 anos, trátase dun obradoiro para reforzar os vínculos afectivos entre as crianzas máis pequechiñas e as persoas adultas a través do canto. Nel aprenderán arrolos e outras cantigas que
servirán como ferramentas de relaxación para crear espazos de calma.
O venres 3 de maio, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acolle a representación da comedia teatral "As r(h)umorosas" da man de Etiqueta Negra. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Nela ponse en valor a figura das mulleres ilustres da historia de Galicia.
Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) vén de anunciar un novo encontro coas escolas de música de Carnota e Caldas de Reis. A xuntanza terá lugar o venres 3 de maio, ás 18:30 horas, na Praza de Chavián, en Bertamiráns. Trátase da terceira edición deste encontro, que xa se celebrou o pasado ano e que acadou gran éxito entre a veciñanza amesá.
O sábado 4 de maio, ás 11:30 horas, na biblioteca de Bertamiráns terá lugar o obradoiro "O outro lado de Luísa, a ilustración", dirixido a nenos a partir de 3º de primaria. As familias interesadas poden inscribirse entre o 22 e o 30 de abril enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal no que se indiquen nome, apelidos, curso do neno/a e un teléfono de contacto. Tamén será posible inscribirse chamando ao teléfono 981 884 829.
Os días 14, 15 e 16 de maio a biblioteca do Milladoiro acolle unha sesión de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos. As familias interesadas poderán inscribirse entre o 6 e o 11 de maio chamando ao teléfono 981 530 807, ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal. Deben indicar nome, apelidos, idade e un teléfono de contacto.
Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).
Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde de Bertamiráns a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).
Os días 28, 29 e 30 de maio a biblioteca de Bertamiráns acolle unha sesión de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos. As familias interesadas poderán inscribirse entre o 20 e o 25 de maio chamando ao teléfono 981 884 829, ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal. Deben indicar nome, apelidos, idade e un teléfono de contacto.
Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).
O venres 31 de maio, ás 18:00 horas, Migallas Teatro levará á Casa da Cultura do Milladoiro o espectáculo "A nena e os tres osos". Dirixido a nenos a partir de 2 anos, é unha divertida e coidada proposta teatral con monicreques e cancións baseada nun conto clásico da literatura infantil. Nesta historia, unha maleta pode ser unha casa, un caldeiro pode ser un asento e unha manchea de calcetíns poden ser... unha familia de osos.
- ‹ anterior
- 2 de 5
- seguinte ›