Axenda

Ex., 19-04-2024
Xoves, 25 de abril de 2024

O 25 de abril,  o recoñecido catedrático de Medicina Legal e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo, ofrecerá unha charla-coloquio na que poderán participar todos os asistentes.

Venres, 26 de abril de 2024

O venres 26 de abril, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a representación da obra de teatro "Helen Keller, a muller marabilla?" da man do Grupo Chévere. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Trátase dun espectáculo en lingua oral e lingua de signos.

Sábado, 27 de abril de 2024

O sábado 27 de abril organízase unha excursión á Ribeira Sacra, de 9:30 a 21:00 horas. Será unha aventura na que os participantes visitarán  o Eco-museo do Pazo de Arxeriz, o Eco-espazo de Carballolandia e a ribeira do río Miño. Achegaranse ao mundo das árbores, da contorna fluvial e dos seres mitolóxicos en espazos pensados para o divertimento, o lecer e a convivencia. Esta excursión é de balde, e está dirixida ás familias.

Sábado, 27 de abril de 2024

Durante o mes de abril, a Escola Municipal de Música organiza unha serie de obradoiros musicais dirixidos á veciñanza amesá. O derradeiro obradoiro deste ciclo terá lugar o sábado 27 de abril, e estará dirixido pola asociación Trópico de Grelos. A proposta busca achegar á cidadanía á batucada, e experimentar a percusión dun xeito accesible, dinámico e grupal. Os participantes aprenderán así a relacionarse co instrumento a través de xogos rítmicos, entrando nun ambiente festivo que convida ao movemento e ao baile.

Xoves, 02 de maio de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Venres, 03 de maio de 2024

O venres 3 de maio, ás 18:00 horas, a Fundación Legar levará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro "Arrolar". Dirixido a familias con crianzas de 0 a 2 anos, trátase dun obradoiro para reforzar os vínculos afectivos entre as crianzas máis pequechiñas e as persoas adultas a través do canto. Nel aprenderán arrolos e outras cantigas que
servirán como ferramentas de relaxación para crear espazos de calma.

Venres, 03 de maio de 2024

O venres 3 de maio, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acolle a representación da comedia teatral "As r(h)umorosas" da man de Etiqueta Negra. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Nela ponse en valor a figura das mulleres ilustres da historia de Galicia.

Venres, 03 de maio de 2024

 Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) vén de anunciar un novo encontro coas escolas de música de Carnota e Caldas de Reis. A xuntanza terá lugar o venres 3 de maio, ás 18:30 horas, na Praza de Chavián, en Bertamiráns. Trátase da terceira edición deste encontro, que xa se celebrou o pasado ano e que acadou gran éxito entre a veciñanza amesá.

Venres, 03 de maio de 2024

O venres 3 de maio, ás 17:00 horas, na biblioteca do Milladoiro terá lugar o obradoiro "O outro lado de Luísa, a ilustración", dirixido a nenos a partir de 3º de primaria. As familias interesadas poden inscribirse entre o 22 e o 30 de abril enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal no que se indiquen nome, apelidos, curso do neno/a e un teléfono de contacto. Tamén será posible inscribirse chamando ao teléfono 981 530 807.

Sábado, 04 de maio de 2024

O sábado 4 de maio, ás 11:30 horas, na biblioteca de Bertamiráns terá lugar o obradoiro "O outro lado de Luísa, a ilustración", dirixido a nenos a partir de 3º de primaria. As familias interesadas poden inscribirse entre o 22 e o 30 de abril enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal no que se indiquen nome, apelidos, curso do neno/a e un teléfono de contacto. Tamén será posible inscribirse chamando ao teléfono 981 884 829.