Axenda

Ex., 21-03-2023
martes, 28 de Marzo de 2023 a xoves, 30 de Marzo de 2023

"Lobos e lobiños" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de marzo das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 14, 15 e 16 de marzo, mentres que no Milladoiro parará os días 28, 29 e 30 de marzo, sempre ás 17:30 horas.

Mércores, 29 de marzo de 2023

O espazo coworking A Proa celebra o mércores 29 de marzo un taller de produción de documentais, que estará dirixido por Andrés Rozados. A sesión consistirá nunha exposición de 30 minutos na que se abordarán os seguintes puntos: a idea, o público e destino desa idea, o orzamento e plan de financiamento, a importancia dos protagonistas, a contorna e a sensibilidade e o proceso e o fin. Posteriormente proxectarase o Entroidar, un documental sobre o Entroido de Laza que ten unha duración de 70 minutos. Así mesmo, haberá un tempo de rogos e preguntas. 

Mércores, 29 de marzo de 2023

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O mércores 27 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar a charla "Coñece o teu solo pélvico", impartida por Cristina del Arco Oñega. Será na Casa dos Maiores de Bertamiráns.