Axenda

Ex., 24-01-2021
Venres, 29 de xaneiro de 2021

O venres 29 de xaneiro, ás 20.30 horas, a veciñanza de Ames poderá desfrutar desta obra teatral no Milladoiro. A peza, da man da compañía Sarabela Teatro, mestura dous libros de Manuel Rivas: A lingua das bolboretas, a tráxica historia dun neno do rural galego e o seu mestre republicano na Guerra Civil, e A traxectoria do balón, un conto no que se inclúe o universo feminino.