Axenda

Ex., 12-04-2021
Luns, 28 de decembro de 2020

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, pon en marcha un servizo de conciliación para que os pais e nais poidan realizar as cúas compras de Nadal no comercio local. Este servizo estará dispoñible do 12 de decembro ata o 9 de xaneiro nos centros de ocio; Planeta Máxico, no Milladoiro, e A Mona Ramona, en Bertamiráns.

Luns, 28 de decembro de 2020

O obradoiro familiar de cotillón celebrarase no local Retumban Risas, no Milladoiro,  de 10:00 a 12:00 horas . Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para os nenos e nenas. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.

Luns, 28 de decembro de 2020

O obradoiro de linguaxe de signos familiar celebrarase no local Retumban Risas, no Milladoiro, de 17:00 a 19:00 horas . Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para os nenos e nenas. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.

Luns, 28 de decembro de 2020

O obradoiro de linguaxe de sugnos familiar celebrarase no local Biosbardos, en Bertamiráns, de 10:00 a 12:00 horas . Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para os nenos e nenas. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.

luns, 28 de Decembro de 2020 a martes, 29 de Decembro de 2020

A Concellería de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza dous obradoiros de robótica para mozos e mozas maiores de 12 anos. O luns 28 e o martes 29 de decembro, de 10.00 a 13.00 horas, impartirase o taller de deseño 3D. Sempre que a situación sanitaria o permita, a actividade realizarase nas instalacións de We Robots, na Rúa O Rueiro, en Bertamiráns.