Axenda

Ex., 11-07-2020
Xoves, 28 de maio de 2020

O día 28/05/2020 ÁS 20.30 HORAS.

PLENO TELEMÁTICO

ORDE DO DÍA:

A) PARA DAR CONTA:

1. Dar conta ao pleno da Corporación dos decretos ditados pola Alcaldía dende a última sesión plenaria ordinaria.

2. Dación de conta da Información periódica a render ao Pleno, correspondente ao 1º trimestre do exercicio 2020.

1º Execución do orzamento ao remate do 1º trimestre 2020, en execución do acordo plenario de data 22/11/2018.
2º Período medio de pago, de acordo co previsto no Real Decreto 635/2014, do 25 de xullo.
3º Información trimestral de morosidade.

B) PARA DELIBERACIÓN E ACORDO:

3. Aprobación, se procede, de actas anteriores (acta da sesión ordinaria do 30.04.2020 e a acta da sesión extraordinaria e urxente do 14.05.2020).

4. Ratificación do decreto de alcaldía nº 966/2020 de 5 de maio. Constitución de anticipo de caixa fixa 2/2020 para pagamentos das renda social de garantía mínima e das axudas para a recuperación en situacións de emerxencia social durante o estado de alarma aprobado polo real decreto 463/2020, do 14 de marzo. Oficinas servizos socias de Milladoiro

5. Ratificación do decreto de alcaldía nº 1034, de 17 de maio. Corrección erros acordo plenario de 30 abril de 2020 solicitude plan provincial 2020.

6. Ratificación do decreto de alcaldía nº 1032, de 17 de maio. Levantamento da suspensión de prazos no expediente de derrogación da ordenanza fiscal nº 3.b.3, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa.

7. Proposición da alcaldia de ratificación do decreto 1079/2020, do 25 de maio, de aprobación do proxecto corrixido das obras de "reforma de vestiarios campo de fútbol Bertamiráns (Ames)”

8. Modificación da ordenanza número 3 reguladora do prezo público pola utilización das instalacións deportivas e culturais de propiedade municipal

9. Modificación das bases nº 20 e 26 do orzamento municipal de 2020.

10. Recurso de reposición presentado por Serviocio contra o acordo plenario do 16.04.2020.

11. Incorporación á asociación Red Innpulso.

12. Segunda prórroga do contrato de xestión do servizo público Ciclo Integral da Auga do Concello de Ames.

13. Adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) de Galicia.

C) MOCIÓNS.

D) PARA CONTROL DO GOBERNO:

14. Rogos e Preguntas.