Axenda

Ex., 13-12-2019
Venres, 27 de decembro de 2019

O festival terá lugar na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro e está destinado a un público adulto. Levarase a cabo unha degustación de pratos de Nadal elaborados nos obradoiros de cociña, exhibicións das escolas Amessan e música.

Venres, 27 de decembro de 2019

O obradoiro, destinado a nenos e nenas de entre 5 a 14 anos, desenvolverase na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal, dispoñible ata o 18 de decembro.

venres, 27 de Decembro de 2019 a sábado, 28 de Decembro de 2019

O carteiro real estará na Praza de Manuel Murguía do Milladoiro o venres 27 de decembro e na Praza de Chavián de Bertamiráns o sábado 28 de decembro, para recibir a todo aquel que queira sacarse unha foto con el. Será gratuíto presentando tícket de compra de calquera establecemento do Concello de Ames.

Venres, 27 de decembro de 2019

Obradoiro destinado a nenos e nenas de 6 a 12 anos, que terá lugar na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns. As prazas son limitadas polo que se require inscrición enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal, dispoñible ata o 18 de decembro.

Venres, 27 de decembro de 2019

Obradoiro de maxia e ilusionismo destinado a nenos e nenas de 8 a 12 anos. Terá lugar na carpa da Praza de Manuel Murguía no Milladoiro. As prazas son limitadas, polo que se necesita inscrición enviando un correo a auladanatureza@concellodeames.gal.

Venres, 27 de decembro de 2019

Espectáculo participativo da man de Baobab Teatro para contar, cantar e bailar. Terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns. Destinado a público infantil a partir de 1 ano. Entradas dispoñibles na billeteira electrónica do concello.

xoves, 26 de Decembro de 2019 a venres, 27 de Decembro de 2019

O torneo, organizado por Básquet Ames, terá lugar no Pavillón Municipal do Milladoiro. As idades comprendidas son: benxamín, alevín e infantil (tanto masculino, como feminino e mixto). Para inscribirse, enviar un correo a deportes@concellodeames.gal.