Axenda

Ex., 28-11-2021
Sábado, 27 de novembro de 2021

A Concellaría de Mocidade ten programada para o sábado 27 de novembro unha nova actividade do programa Trouleando. Será unha xornada de xogos de escapismo que conxuga diversión, aventura en equipo e moito misterio. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto do 11 ao 17 de novembro. Para inscribirse hai que enviar a ficha cuberta a omix@concellodeames.gal. As prazas, que son limitadas, cubriranse por orde de chegada das inscricións. Esta actividade é de balde e está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Sábado, 27 de novembro de 2021

Para as persoas a partir dos 16 anos ofértanse dous talleres de arte floral na Aula da Natureza, impartidos por Beate Méndez, de Florifarma a través da asociación ASVINOR, ambos das 17:00 ás 19:00 horas. O primeiro obradoiro, relacionado co adorno de portas, impartirase o 27 de novembro.

Sábado, 27 de novembro de 2021

Organizada pola Concellaría de Turismo, hoxe, 27 de novembro, ás 20:30 horas na Casa de Cultura de Milladoiro, a Compañía “Os Quinquilláns” representarán a obra de teatro “A pluma de Rosalía”.

A entrada é de balde e os convites deben reservarse na billetera municipal.