Axenda

Ex., 15-10-2019
Sábado, 26 de outubro de 2019

Unha das actividades que se realiza este ano dentro do XIV Festival de Maxía é o obradoiro de maxia, dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos. Así, este sábado 26, o mago Joshua Kenneth impartirá un taller na Casa da Cultura de Bertamiráns en horario de 11.00 a 12.30 horas.

Sábado, 26 de outubro de 2019

A principal actividade do XIV Festival de Maxia de Ames será a Gala Máxica Internacional, da que se realizarán catro pases. Este ano como novidade amplíase unha sesión máis para dar cabida a todo o público que ano tras ano queda sen entrada para ver esta gala máxica. Nesta edición participarán nela as magas Magica Gilly e Gaia Elisa Rossi e os magos Dani Polo e Xulio Merino. A Gala Máxica estará presentada por Pepín Banzo.