Axenda

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle a exposición "O herbario de Rosalía", unha mostra de 50 láminas con imaxes de especies botánicas asociadas ás obras da escritora, e que xurdiu tras a investigación das profesoras María López Sández e María Isabel Fraga Vila e a publicación do libro homónimo a dita exposición. Poderase visitar os días 16, 17, 23, 24, 25, 26, 30 e 31 de marzo e 1 e 2 de abril. Os xoves e venres o horario será de 17:00 a 20:00 horas, e os sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

A Aula da Natureza do Concello de Ames organiza para os días 24, 25 e 26 de marzo un curso de interpretación do patrimonio natural. O taller está dirixido a guías de natureza, guías turísticos, monitores de tempo libre, e, en xeral, persoas interesadas en comunicar valores ambientais. Terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. As persoas que queiran anotarse deben enviar a ficha de inscrición que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza organiza para o mes de marzo unha nova actividade, un obradoiro de cestería que será impartido por Julia da Cal, creadora do atelier de deseño, artesanía e excentricidades de La Parabólica. A primeira quenda deste taller terá lugar o sábado 11 (en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas) e o domingo 12 (de 11:00 a 13:30 horas). O día 11 todos os que o desexen poderán quedarse a comer nas instalacións da Aula da Natureza. As persoas que queiran anotarse deben enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. A primeira quenda desta actividade celebrarase os días 4 e 5 de marzo.