Axenda

Ex., 11-10-2024
Venres, 25 de outubro de 2024

O venres, 25 de outubro, a partir das 18:00 horas, na praza de Chavián haberá varios pases de “maxia de proximidade” para grupos reducidos a cargo da maga arxentina Lore Lavand na súa caravana máxica. Os pases serán cada media hora, entre as 18:00 e as 20:30 horas. Só haberá 20 persoas por pase, e o acceso será por orde de chegada.

Venres, 25 de outubro de 2024

O venres 25 de outubro haberá un espectáculo de maxia para bebés, no que o Mago Paco presentará a súa proposta “Patapún”. Así, este especialista en maxia infantil propón un espectáculo divertido e visual para os máis cativos. Haberá dúas sesións na Casa da Cultura do Milladoiro: unha ás 17:00 horas e outra ás 18:15 horas. Esta actividade está dirixida a crianzas entre 1 e 4 anos, e poderán acudir un máximo de dous adultos por neno/a. A entrada para ver este espectáculo é de balde, pero haberá que adquirir o correspondente convite na Billeteira electrónica.

Venres, 25 de outubro de 2024

As actividades do Festimax comezan o venres 25 de outubro cunha das principais novidades desta edición. O mago galego Dani Polo, gañador de múltiples premios e presente nos principais festivais máxicos de Europa, levará a ilusión aos maiores do concello en dúas sesións: a primeira será no local dos maiores de Bertamiráns, ás 11:00 horas; mentres que a segunda será no local da asociación JUPEMI no Milladoiro, ás 17:30 horas.

venres, 25 de Outubro de 2024 a sábado, 26 de Outubro de 2024

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza un obradoiro para a rapazada a partir de 3º de Primaria, "O meu caderno de lecturas". Celebrarase na biblioteca do Milladoiro o venres 25 de outubro, ás 17:00 horas, e na biblioteca de Bertamiráns o sábado 26, ás 11:30 horas. As inscricións están abertas dende o 14 ata o 22 de outubro, chamando aos números 981 53 08 07 / 981 88 48 29 ou escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal.