Axenda

Ex., 09-06-2021
Martes, 25 de maio de 2021

O espectáculo de narración oral sobre Xela Arias, da man de Raquel Queizás, levarase a cabo o martes 25 de maio ás 17.30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Bertamiráns. A actividade está dirixida a un público familiar con nenos e nenas maiores de 5 anos. Os convites, de balde, pódense adquirir na billeteira electrónica do Concello de Ames.

martes, 18 de Maio de 2021 a luns, 31 de Maio de 2021

O Concello de Ames prepárase para celebrar o mes das Letras Galegas, que nesta edición están dedicadas a Xela Arias. A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá dende o 18 ata o 31 de maio a exposición “Abecedáriome” realizada polo IES de Ames. Trata sobre a vida, obra e a época de Xela Arias. Esta mostra foi premiada no concurso-exposición Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia.

mércores, 12 de Maio de 2021 a luns, 31 de Maio de 2021

O Concello de Ames prepárase para celebrar o mes das Letras Galegas, que nesta edición están dedicadas a Xela Arias. Os veciños e veciñas poderán acudir á exposición “Xela Arias, desde nós en ti!”. Os versos da escritora, escolmados e ilustrados polo alumnado do IES de Ames, poderanse ver nos escaparates do Milladoiro e de Bertamiráns dende o 12 ata o 31 de maio.