Axenda

Ex., 12-04-2021
Xoves, 24 de decembro de 2020

Varias personaxes de debuxos infantís como Mickey Mouse e Minnie Mouse; o pato Donald; os Minions; Ladybug; Elsa, Anna e Olaf da película Frozen; unha representación da Patrulla Canina; e Bob Esponja; percorrerán as rúas do Milladoiro para animar a nenos/as e adultos durante este Nadal.

Xoves, 24 de decembro de 2020

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, pon en marcha un servizo de conciliación para que os pais e nais poidan realizar as cúas compras de Nadal no comercio local. Este servizo estará dispoñible do 12 de decembro ata o 9 de xaneiro nos centros de ocio; Planeta Máxico, no Milladoiro, e A Mona Ramona, en Bertamiráns.

Xoves, 24 de decembro de 2020

O obradoiro de galletas para adultos celebrarase no local Retumban Risas, no Milladoiro, de 10:00 a 12:00 horas. Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este  impreso para que os adultos fagan a inscrición. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.