Axenda

Ex., 21-04-2021
Sábado, 24 de abril de 2021

A Aula da Natureza do Concello de Ames organizou para o vindeiro sábado, 24 de abril, unha visita ás Fragas do Eume, que se enmarca dentro do programa Pegadas. Ofértanse 24 prazas. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Terán prioridade as persoas anotadas na actividade que se ía realizar no pasado mes de novembro, que houbo que suspender polas medidas de restrición derivadas da Covid-19. Haberá servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. Cada participante deberá levar a súa propia comida.

Sábado, 24 de abril de 2021

O sábado 24 de abril realizarase na biblioteca de Bertamiráns o obradoiro "Autores con pegada" ás 11.30 horas.Está dirixido a nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria.