Axenda

Ex., 21-03-2023
xoves, 23 de Marzo de 2023 a domingo, 26 de Marzo de 2023

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle a exposición "O herbario de Rosalía", unha mostra de 50 láminas con imaxes de especies botánicas asociadas ás obras da escritora, e que xurdiu tras a investigación das profesoras María López Sández e María Isabel Fraga Vila e a publicación do libro homónimo a dita exposición. Poderase visitar os días 16, 17, 23, 24, 25, 26, 30 e 31 de marzo e 1 e 2 de abril. Os xoves e venres o horario será de 17:00 a 20:00 horas, e os sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Venres, 24 de marzo de 2023

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o 24 de marzo a representación da obra "Continente María" con motivo do Día Mundial de Teatro. Será as 20:30 horas. A peza pretende recuperar e homenaxear a figura da actriz, achegándoa ao público e falando da propia condición dos artistas nun mundo en continuo cambio, analizando as contradicións da sociedade. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

venres, 24 de Marzo de 2023 a sábado, 25 de Marzo de 2023

O departamento de Bibliotecas municipais  organiza para o mes de marzo uns obradoiros de creación de postais con poemas e collages. Está dirixido á rapazada que cursa estudos a partir de terceiro de educación primaria.

venres, 24 de Marzo de 2023 a domingo, 26 de Marzo de 2023

A Aula da Natureza do Concello de Ames organiza para os días 24, 25 e 26 de marzo un curso de interpretación do patrimonio natural. O taller está dirixido a guías de natureza, guías turísticos, monitores de tempo libre, e, en xeral, persoas interesadas en comunicar valores ambientais. Terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. As persoas que queiran anotarse deben enviar a ficha de inscrición que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

Venres, 24 de marzo de 2023

A última das propostas do programa Apego para o mes de marzo é o obradoiro de arrolos "Tecendo soños", que se desenvolverá o venres 24 na Casa da Cultura do Milladoiro. Esperanza Mara será a encargada de impartir o taller, que se enfocará nos cantos da tradición oral, acompañados de estimulación musical e sensorial axeitados para nenos e nenas. Esta actividade diríxese a familias e crianzas de entre 0 e 3 anos. Participar é de balde, e para facelo é necesario inscribirse mandando un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nomes e apelidos dos asistentes e a idade dos rapaces/as que vaian, así como un número de teléfono de contacto.