Axenda

Ex., 04-08-2021
Venres, 23 de xullo de 2021

O programa DiversidArte dedicado á inclusión e á diversidade fai parada este venres 23 de xullo na Praza de Chavián, en Bertamiráns. O espectáculo, que intenta visibilizar as capacidades das persoas en risco de exclusión social, dará comezo ás 19:30 coa actuación do guitarrista inclusivo Robert Pier e continuará cun espectáculo de danza integrada. A entrada é de balde.

Venres, 23 de xullo de 2021

13 actuacións musicais compoñen o programa “AmesON” co que, a Concellaría de Promoción Económica xunto coa de Cultura, xuntan forzas este verán para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. O venres 23 de xullo actuará o grupo Ella Son, ás 20.00 horas, na Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Podése ver o cartel ca programación nesta ligazón.