Axenda

Ex., 21-06-2024
sábado, 22 de Xuño de 2024 a domingo, 30 de Xuño de 2024

Entre o 22 e o 30 de xuño, as pistas de tenis de Aldea Nova acollen a segunda edición Aberto de San Xoán, un torneo de tenis organizado polo club de tenis Val da Maía en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Ames. As categorías para participar son alevín, infantil, junior, absoluto e veteranos+35. Todas elas contarán con categoría feminina e masculina

Domingo, 23 de xuño de 2024

A Aula da Natureza organiza o domingo 23 de xuño unha saída para recoller as herbas de San Xoán e elaborar o cacho, unha tradición pagá con séculos de antigüidade, de celebración do solsticio de verán e protección contra as criaturas da noite. Esa actividade terá lugar nas instalacións da Aula da Natureza, no lugar de Quintáns (Ameixenda), en horario de 11:00 a 13:00 horas. É recomendable levar unha cestiña para a recollida das herbas.