Axenda

Tras a boa acollida da súa primeira edición, á que asistiron 853 persoas, o Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organiza o II Ciclo de Monólogos, unha iniciativa que mestura figuras consolidadas no noso país dentro do ámbito humorístico xunto con artistas emerxentes.

O vindeiro 23 de maio, ás 19.30 horas, o pavillón municipal do Milladoiro acollerá a Gala do 20 aniversario de Escola Municipal de Música de Ames. Neste evento, haberá diversas actuacións musicais a cargo do combo xuvenil e de antigos alumnos/as da EMMA. Ademais, tamén se proxectará un vídeo conmemorativo da Escola Municipal de Música. Por outra banda, están convidados os alcaldes e concelleiros/as responsables da EMMA dende a súa creación, así como antigos profesores e profesoras que impartiron clase en dita escola. A gala enmárcase dentro da programación especial do 20 aniversario.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. A fin de semana do 23 ao 25 de maio estará dedicada aos espantallos, coa fin de recuperar a paisaxe e tradición no rural. Deste xeito, na xornada do venres o Pazo da Peregrina acollerá unha exposición na que se poderán observar diferentes pinturas e fotografías de espantallos realizada pola asociación a Cañada do Arte.