Axenda

Ex., 06-02-2025
Domingo, 23 de febreiro de 2025

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan a VI edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre que, desta volta, celebrarase o vindeiro 23 de febreiro. A hora de saída do trail será ás 10.00 horas desde Ponte Maceira, mentres que cinco minutos máis tarde, ás 10.05, e desde o mesmo punto de partida, comezará a andaina. O prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de febreiro e pode facerse a través da seguinte ligazón. Nesta proba poderá participar calquera deportista, sexa ou non federado. Pódese consultar as bases e regulamento da proba na seguinte ligazón.

Domingo, 23 de febreiro de 2025

A Aula da Natureza anuncia o seu programa de actividades para os meses de febreiro e marzo, que inclúe varios obradoiros e saídas para gozar de diferentes contornas naturais.Para os días 15 e 23 de febreiro, está programado un curso de poda impartido por Jaime Dios. Nestas xornadas, os participantes aprenderán todo o relacionado coa poda das árbores froiteiras. Impartirase en horario 10.30 a 13.30 horas.  Hai 15 prazas dispoñibles e, para participar, é preciso de inscrición previa.