Axenda

Ex., 13-11-2019
Venres, 22 de novembro de 2019

Obradoiro creativo para nenos e nenas de 3º a 6º de primaria que se impartirá na Biblioteca do Milladoiro ás 17.00 horas. O número de prazas é de 15 previa inscrición do 4 ao 18 de novembro, a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, de maneira presencial na biblioteca ou a través do teléfono 981 538 807.

Venres, 22 de novembro de 2019

O venres 22 de novembro chega á Casa da Cultura do Milladoiro a obra "Dúas Donas que bailan", interpretada polo grupo Teatro do Atlántico. Está destinada a un público adulto.

Venres, 22 de novembro de 2019

Obradoiro impartido por Gloria Mosquera e Diego Maceiras no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Destinado a futuros papás e mamás e familias de nenos de 0 a 3 anos.

A entrada é de balde. Necesario inscribirse do 14 ao 21 de novembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.