Axenda

Ex., 06-04-2020
Sábado, 21 de decembro de 2019

Esta actividade destinada a nenos e nenas de entre 6 a 12 anos desenvolverase na carpa da Praza de Chavián, en Bertamiráns. É necesaria a inscrición enviando un correo a auladanatureza@concellodeames.gal. O prazo está aberto ata o 18 de decembro.

Sábado, 21 de decembro de 2019

Torneo de xadrez organizado polo departamento de Deportes do Concello de Ames que se levará a cabo no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Sábado, 21 de decembro de 2019

Esta actividade destinada a nenos de entre 6 a 12 anos desenvolverase na carpa da Praza de Manuel Murguía no Milladoiro. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal. Prazo aberto ata o 18 de decembro.

Sábado, 21 de decembro de 2019

Papá Noel estará na Praza de Chavián, en Bertamiráns, para todo aquel que se queira sacar unha foto con el. Será gratuíto presentando tícket de compra de calquera establecemento do Concello de Ames.

Sábado, 21 de decembro de 2019

Creación da árbore de Nadal cos Alfombristas de Ames con materiais da natureza. Terá lugar na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns pola mañá e na Praza de Manuel Murguía no Milladoiro pola tarde.

É unha actividade para nenos de entre 8 a 15 anos. Para asistir é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal. O prazo remata o 18 de decembro.