Axenda

Ex., 20-09-2024
Sábado, 21 de setembro de 2024

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, comeza unha nova tempada na que organizará novas actividades de formación en novas tecnoloxías e outras cuestións de interese. A primeira actividade, un obradoiro avanzado de LibreOffice, está prevista para este sábado, 21 de setembro, de 11:30 a 13:30 horas, no Milladoiro. Trátase dunha actividade impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.

Sábado, 21 de setembro de 2024

A Aula da Natureza inaugura a súa programación de actividades para este outono cun obradoiro de marmelos e confituras. Será o sábado 21 de setembro, de 11:00 a 18:00 horas, nas instalacións da Aula, no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia da Ameixenda. Deste xeito, para esta fin de semana organízase un obradoiro para aprender a elaborar doce de mazá e confitura de moras  dirixido a nenos e nenas entre 6 e 14 anos. Máis adiante, organizarase un obradoiro similar para adultos. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto ata o venres 20 de setembro, ás 14.00 horas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Sábado, 21 de setembro de 2024

Dentro da "Semana Europea da Mobilidade" o sábado 21 de setembro, ás 20:30 horas, DJ WANA ofrecerá unha sesión dj no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro.

Sábado, 21 de setembro de 2024

O sábado 21 de setembro, dentro da "Semana Europea da Mobilidade", celébrase a actividade “Xogos en bici”, unha proposta de xogos populares en bicicleta orientados á rapazada a partir de 4 anos. Desenvolverase dende as 17:00 ata as 20:00 horas no aparcadoiro de Agriños, no Milladoiro (en fronte da escola infantil).