Axenda

Ex., 20-09-2019
Sábado, 21 de setembro de 2019

Para a tarde deste sábado, 21 de setembro, está prevista unha marcha familiar en patinete, patíns, skate ou camiñando, que se desenvolverá polo paseo fluvial de Bertamiráns e rematará na praza do Concello, a partir das 18:00 horas. Esta actividade enmárcase dentro do programa da Semana Europea da Mobilidade (SEM) 2019, que se celebra do 16 ao 22 de setembro baixo o lema “Camiña e pedalea de maneira segura”.

Sábado, 21 de setembro de 2019

Este sábado, 21 de setembro, os/as axentes da Policía Local impartirán unha actividade de seguridade viaria denominada “Conduce seguro en bicicleta pola cidade”, que estará dirixida a rapaces e rapazas que teñan de 6 anos en diante. Os rapaces e rapazas que desexen participar terán que levar a súa bicicleta e mailo casco. Este obradoiro desenvolverase na rúa das Palmeiras, no Milladoiro, entre as 11:00 e ás 13:00 horas. Esta actividade enmárcase dentro do programa da Semana Europea da Mobilidade (SEM) 2019, que se celebra do 16 ao 22 de setembro baixo o lema “Camiña e pedalea de maneira segura”.

Sábado, 21 de setembro de 2019

O Concello de Ames e o Club de Natación Cidade de Santiago organizan este sábado, 21 de setembro, a Tapia Swinway, unha nova iniciativa deportiva que pon en marcha a Concellaría de Deportes.

mércores, 18 de Setembro de 2019 a luns, 30 de Setembro de 2019

A exposición Ames Coopera estará na Casa da Cultura de Bertamiráns do 18 ao 30 de setembro.

luns, 16 de Setembro de 2019 a luns, 30 de Setembro de 2019

Dende o luns, 16 de setembro, e ata o día 30 de setembro, está exposta na Casa da Cultura do Milladoiro a mostra Mindjer di Guiné: Miradas desde Guinea-Bissau. A mostra pódese visitar de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas.